SOS Sanidade Pública solicita a entrevista co presidente galego Núñez Feijoo

Á atención do Sr. Alberto Nuñez Feijoo.

Sr. Presidente da Xunta de Galicia:

Sr. Presidente: como Voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia (alianza de organizacións sociais, sindicais e políticas, organizadas en Rede non xerárquica, para a defensa e mellora da Sanidade Pública Galega) quero solicitarlle unha xuntanza, para tratar o proxecto de reforma da Lei Galega de Saúde do ano 2008 e a apertura dun proceso de negociación participativa, aberta a todolos axentes sociais, para abordar os principais problemas que afectan ao noso Sistema Sanitario Público, como consecuencia das medidas adoptadas pola crise económica e polos problemas da colaboración público privada para financiar e xestionar novas infraestruturas sanitarias.

A gran mobilización social do pasado día 4 de febreiro, que reflicte o malestar de boa parte da poboación, por enriba de lexítimas diferenzas políticas e ideolóxicas, tiña dúas reivindicacións: a retirada do Proxecto de modificación da Lei Galega de Saúde e a apertura de dialogo coa administración.

En espera da súa resposta, reciba un cordial saúdo.

Manuel Martin Garcia.

Voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.

Captura de pantalla 2018-02-13 a las 18.44.06.png

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s