O PP está afeito a impoñer o seu criterio, sobre todo cando se fala de privatizacións e de darlle negocio a diferentes empresas privadas, sobre todo cando se trata de adelgazar o público, o que é de todos.
O PP goberna para beneficio duns poucos pero a defensa do ben común ha de superar a violenta negativa do PP a non oír ás miles de persoas que desexan negociar e participar no deseño e organización da NOSA sanidade pública.
Hoxe no Parlamento Galego, este PP, tanto Puy como Almuíña son iguais de xordos e prepotentes, negáronse a paralizar a reforma da lei de saúde.
SOS Sanidade Pública non vai parar nas súas mobilizacións.