A Sanidade Pública Galega esta en perigo.
Dende a chegada ao poder de Núñez Feijoo a Xunta de Galicia, recortou dramaticamente os recursos do Sistema Sanitario Público Galego, tanto en orzamento, como en camas hospitalarias ou en prazas de persoal. O abandono do Plan de Mellora da Atención Primaria, deixou sen construír mais de 60 Centros de Saúde e reduciu o seu orzamento ao 11% do gasto sanitario (moi lonxe do 25% acordado cos traballadores do sistema).
Estes drásticos recortes son os responsables das inadmisibles listas de agarda nos hospitais e centros de saúde, dos colapsos das urxencias hospitalarias e das dificultades de acceso a atención nos hospitais comarcais.
Os únicos beneficiarios desta política foron as empresas privadas, especialmente as multinacionais que están a apoderarse do sistema e que incrementaron nun 42% a concertación co SERGAS.
E agora o Sistema Sanitario Público Galego, enfróntase a dúas novas ameazas:
1.- A aprobación da Lei de Garantías de Tempos de Espera, que fixa en 60 días o limite para unha intervención cirúrxica e en 45 días para unha proba diagnostica ou unha consulta co especialista. En caso de superarse este tempo, o SERGAS pagará ao sector privado a atención sanitaria destes pacientes.
Todo o mundo sabe que estes límites están por debaixo da media de espera, tanto da publicada polo SERGAS como nas listas ocultas ou non estructurais, que teñen sin reflexar a miles de pacientes.
A trampa de Feijoo para desviar a centos de enfermos da sanidade pública a privada consite no seguinte:
-
Primeiro nos recortes de recursos tanto en persoal como en infraestructuras, que retrasan as consultas, as probas diagnosticas e ás intervencións cirúrxicas nos hospitais públicos. Isto leva consigo que nunca se cumpran os prazos que se marca o propio sistema….co cál, sempre se sobrepasa….. e xá temos a disculpa para derivar os pacientes a privada.
-
Na tolerancia da dobre dedicación, pública e privada, de moitos profesionais, especialmente os que teñen responsabilidade na xestión. Non e difícil adiviñar que traballar para os centros públicos e a vez nos privados, permite lucrarse da baixa actividade nos servizos públicos.
Esta Lei forma parte dunha estratexia da Xunta de privatizar a atención sanitaria, trasladando a miles de pacientes da sanidade pública a privada. Está xá calculado que 86 pacientes pasan diariamente da Sanidade Pública a privada, dende o día 10 de xaneiro que entrou en vigor a aplicación, por parte do Sistema Público, da derivación dos pacientes a privada. O mesmo SERGAS esta a chamar aos pacientes en espera, para que vaian aos centros concertados, descapitalizando así un sistema sanitario público, xa moi depauperado.
2.- O proxecto de modificar a Lei Galega de Saúde, elaborada polo bipartito no ano 2008, que xá entrou no Parlamento para discusión o 6 de febreiro do 2018 (pasado mañán) que en caso de ser aprobado:
• Desmantelará os hospitais comarcais, dificultando así o acceso á asistencia especializada a poboación rural e mais envellecida, e recentralizará o control da Consellería de Sanidade, sobre a atención dá saúde. Por outro lado, moitos pacientes atendidos nos centros comarcais, acabarán nos Complexos Hospitalarios, incrementado así as listas de agarda dos mesmos.
• Perpetuará as Estruturas de Xestión Integrada (EOXIS) que someten á Atención Primaria ás Xerencias Hospitalarias, en detrimento dá promoción, prevención e atención próxima da poboación. Acabar co actual modelo de Atención Primaria supoñerá acabar coa promoción e prevención de saúde (que non é negocio) e darlle o beneficio a estratexia baseada na curación que pode ser transformada nunha mercancía mais.
• Privatizará a formación a investigación e a innovación sanitaria (I+D+I), consolidando a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, e outros chiringuitos, onde participan empresas multinacionais, que xa acaparan unha gran parte de fondos públicos, destinados a investigación de saúde. A sanidade pública pon o diñeiro, os profesionais, os medios diagnósticos, o persoal e os pacientes, e as multinacionais quédanse coas patentes. Na Lei Núñez Feijoo, recoñece que o novo obxectivo do SERGAS, será favorecer o desenrolo empresarial de Galicia, en lugar de garantir a saúde da poboación.
• Acabará ca participación social para o control dá Sanidade Pública Galega: pasa a ser unha pantomima, escoitar sin decidir. A participación cidadá quedaría, o arbitrio da consellaría de sanidade, pois por decreto, decidirá quen participa e quen non, na fiscalización do desenrolo da Sanidade Pública Galega.
• Favorecerá a creación de chiringuitos de xestion privada para xestionar unha pare importante do sistema e para laboralizar o persoal, potenciando así o favoritismo e a arbitrariedade na contratación do persoal sanitario.
Levamos anos denunciado e mobilizándonos dende a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia; manifestándonos contra a política de recortes, o desmantelamento e a privatización do noso Sistema Sanitario Público Galego, por parte do Partido Popular.
Pese aos desmentidos do seu goberno a realidade é tozuda, as listas de agarda crecen e ocúltanse, os pacientes teñen que esperar días e semanas para ser atendidos nos seus centros de saúde, as urxencias se colapsan periodicamente, os Hospitais comarcais perden profesionais e servizos e a poboación rural debe facer quilómetros para recibir asistencia hospitalaria; os profesionais sanitarios sofren unha sobrecarga de traballo inaceptable e unhas condicionas laborais cada vez mais precarias……
Mentres tanto, grazas a Núñez Feijoo, a patronal privada, as multinacionais, os fondos de inversión, os fondos voitres e os grupos de presión dos profesionais da xestión, se están a quedar co sistema sanitario público galego, facendo grandes negocios co diñeiro público a costa da saúde dos galegos e galegas.
So unha gran mobilización social e profesional, pode frear esta política privatizadora, impulsada pola Xunta de Galicia.
Exiximos:
1.- A retirada do proxecto de modificación da Lei Galega de Saúde. Que por consenso se desenrole a Lei Galega de Saúde existente dende o ano 2008.
2,- Que se poñan os medios para cumprir os prazos que estipula o Decreto Lei de Garantías das prestacións sanitarias.
3.- A apertura dun proceso de negociación para abordar as consecuencias do deterioro do sistema sanitario público galego, polos recortes e privatizacións.
Grazas a todos e todas polo voso esforzo e participación.
Seguiremos nesta loita.
Non, Non, Non a privatización.