Xa non vale Almuíña, o interlocutor debe ser Feijoo. As áreas afectadas levan con mobilizacións desde agosto, cando en pleno verán, este goberno do PP presentou o anteproxecto. O resto da sociedade galega foise incorporando progresivamente.
Almuíña fala de datos falsos por parte de SOS Sanidade Pública. Se non houbese un problema non habería esta grande mobilización, probablemente a segunda maior despois do Prestige. Temos un problema co funcionamento da sanidade, cos recortes e coa drenaxe de recursos cara empresas privadas. A cidadanía esixe solucións.
Foi unha manifestación de protesta, reivindicativa pero tamén de ilusión. Por saber que desde a unidade poderemos obrigar a facer cambios na política sanitaria.
Feijoo! Escoita: ou negocias ou continuaremos. Podes traballar polo ben común galego ou continuar favorecendo a grupos empresariais alleos pero acabarás marcado pola mobilización.
O portavoz de SOS Sanidade Pública finalizou a manifestación demandando unha reunión con Feijoo, non con Almuíña. Non pode ser doutro xeito.
Presentamos un percorrido fotográfico de parte da manifestación onde se pode ver a diversidade e pluralidade de persoas capaces de unirse para DEFENDER A NOSA SANIDADE PÚBLICA.
Sanidad e pubrica para tod@s
GústameGústame