A Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública pide reflexión a Feijoo

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, co apoio das múltiples plataformas de Defensa da Sanidade Pública de todas as áreas sanitarias da Comunidade Autónoma que agrupan numerosas organizacións veciñais, de enfermos, profesionais, ONG, asociacións de atención primaria, sindicatos e partidos da oposición, concentraron a máis de 30.000 persoas na Praza da Quintana de Santiago en rexeitamento ao proxecto de contrarreforma da Lei Galega de Saúde (LGS), dos recortes e privatizacións do sistema sanitario público.

A reforma da LGS aprobada polo goberno bipartito (PSdG-PSOE), cuxo desenvolvemento foi paralizado por Nuñez Feijoo cando recupero o poder, pretende desmantelar os hospitais comarcais (afastando á poboación rural dos servizos hospitalarios), consolidar a submisión da Atención Primaria ás xerencias hospitalarias, acabar coa participación social na planificación e control da atención de saúde, promover axencias e outros chiringuitos de xestión privada para fragmentar o sistema e precarizar as condicións de traballo do persoal sanitario e privatizar a investigación, desenvolvemento e innovación (I D I) poñendo os recursos e pacientes ao servizo das multinacionais (afines a Feijoo) que patentaran os resultados obtidos con diñeiro público.

A segunda causa da protesta teñen que ver cos recortes e privatizacións postas en marcha pola Xunta de Galicia para desmantelar o Sistema Sanitario Público e facilitar o desembarco de hospitais propiedade de multinacionais, aseguradoras e fondos de investimento. A saturación das urxencias hospitalarias evidencian o colapso do sistema cunhas listas de espera cada vez máis ocultas resultado da diminución de persoal, camas e recursos diagnósticos e o abandono da Atención Primaria.

A Plataforma esixe un encontro con Feijoo para negociar a retirada do proxecto de reforma e a apertura dun proceso aberto e participativo para recuperar os recursos sanitarios desmantelados durante o goberno do Partido Popular.

A Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública, que participou activamente na preparación dsa manifestación, chama a manter e acrecentar as mobilizacións ata conseguir estes obxectivos

Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública

4 de febreiro do 2018

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s