I Xornada: Paralizar a privatización da sanidade pública é posible “Experiencias”

Celebradas o día 2 de febreiro en Rianxo, organizadas pola Plataforma de Defensa da Sanidade Pública do Barbanza.

Moi, moi interesantes xornadas para transmitir experiencias sobre des-privatización da sanidade pública. Nesta entrada só describimos as Xornadas e introducimos aos relatores. Sucesivamente iremos incorporando cada relatorio con máis información.

IMG_20180202_211549

Foto: de esquerda á dereita Marián Rodríguez Blanco, José Emilio Santiago Nieto, María Xosé Abuín Álvarez, Celia López Carballido, Pedro Durán Mondéjar

Presentou as xornadas Marián Rodríguez Blanco, voceira da Plataforma de defensa da sanidade pública do Barbanza.

O primeiro relatorio realizouse por skype co francés Alain Verret, director honorario do Centre Hospitalier Sur-Francilien. Abordouse a situación dos PFI franceses e como revertiron á sanidade pública o máis grande dos realizados. Este contacto foi traducido por Celia López Carballido.

O segundo foi José Emilio Santiago Nieto, médico de familia, membro de SOS Sanidade Pública e que traballou tamén como director provincial do sergas en Pontevedra. Informou dos datos, proceso de toma de decisión política, preparación e consecuencias para a sanidade viguesa e a súa poboación da concesión do novo hospital de Vigo, o Álvaro Cunqueiro, con participación público privada, como centro PFI.

O terceiro relatorio foi exposto por María Xosé Abuín Álvarez, secretaria nacional de CIG-saúde, unha das protagonistas da reversión das fundacións hospitalarias á sanidade pública galega, informou das  entidades privatizadas en Galiza, do que se puido parar ou frear ata o momento e dos retos pendentes.

O cuarto relatorio foi presentado polo médico do Hospital de Alzira e sindicalista do simap Pedro Durán Mondéjar. Transmitíu con entusiasmo a súa ilusión pola próxima (faltan 2 meses) incorporación do Hospital de Alzira á sanidade pública valenciana, ao non aceptar esta a prórroga da concesión ao grupo Ribera Salud. Remata o tempo de concesión e, ao non aceptar o sergas valenciano a prórroga, remata e remata e pasa, polo tanto, a ser un centro normal da sanidade valenciana. O seu persoal entra tamén como laboral do sergas valenciano e queda en situación de ‘persoal a extinguir’, a única forma legal de que poidan ser traballadores da sanidade pública.

A gran maioría dos traballadores de Alzira están expectantes e ilusionados co cambio, non así a maioría dos xefes de servizo e mandos intermedios que preferían continuar como estaban. Relatou tamén o proceso de sumar alianzas para que se decidise politicamente a reversión (non prórroga neste caso) do emblemático Hospital de Alzira e tamén as formas e procedementos que os seus donos (Banco Sabadell e a multinacional americana Centene) están practicando para intentar condicionar e cambiar a decisión política.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s