A voltas co centro de saúde de Moaña. Almuíña enreda e intenta frear a mobilización. Nota de prensa da Plataforma de Moaña

PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA DE MOAÑA

A petición do xerente do EOXI, a Presidenta da Mesa de Sanidade de Moaña convocounos a unha xuntanza coa empresa privada Gesmédica, pagada pola Xunta para facer un estudo ou sondaxe sobre as necesidades sanitarias do noso concello.

Con absoluto respecto aos profesionais dunha empresa privada, unha encomenda destas características esperta dúbidas e desconfianzas absolutamente fundadas.Concello de Moaña

Un formulario ad hoc, vía intranet para profesionais, caixas de correo a porta dos Centros de Saúde e páxina web para os cidadáns…, a opinión “fundamental” de Povisa (?), reunións cos profesionais ( …acaso non ten o Sergas canles permanentes de participación dos seus traballadores?)… ofrece todo o aspecto dunha sondaxe de opinión electoral máis cun traballo rigoroso encamiñado a dar solucións concretas para necesidades, por outra banda, xa ben coñecidas.

Polo visto, as Asociacións váisenos dar liña directa con Xerente …Esta Plataforma mantivo nos últimos 3 anos xuntanzas con todos os responsables do EOXI, incluíndo ao actual Xerente: terceiro Pediatra e atención pola tarde, segundo fisio, saúde mental, atención permanente do PAC, substitución dos facultativos por baixas ou vacacións… Todas estas necesidades foron postas sobre a mesa con datos e estatísticas… Nunca foron cuestionadas, apenas matizadas, cunha conclusión final…se non hai novas instalacións non é posible darlles unha solución definitiva.

Gesmédica viunos a dicir que eles so van recoller datos sen establecer porcentaxes mínimos de participación, apoio mínimo a propostas… pasaran un resumo a Xunta, subliñando as ideas más repetidas e será o Conselleiro o que tirará conclusións… O Sr. Almuiña xa o deixou claro,.. “ …as propostas que saian deste estudo so se aplicarían de ter logo un consenso social e político amplo,… en caso contrario suspenderanse as inversións…” Todo moi estraño e difícil de comprender.

A Plataforma, que xa fai o traballo de campo cada día a traveso da opinión dos usuarios hai anos e trasladándoa a Xunta en diversos traballos monográficos como o da Fisioterapia, vai a sistematizar toda esta información, histórica e actualizada, da man dun profesional que desinteresadamente fará este traballo de interese público. Contamos con telo rematado antes dos cinco meses que a empresa Gesmédica precisa para a súa enquisa. E, de novo, enviarémolo ao Sergas.

A ÚNICA CUESTIÓN QUE ESTÁ A DEBATE É O PLAN FUNCIONAL DO CENTRO DE SAÚDE DE MOAÑA EN SIXALDE: CARTEIRA DE SERVIZOS QUE DEA RESPOSTA AS NECESIDADES DUNHA VILA DE 20.000 HABITANTES, NÚMERO DE PROFESIONAIS E M2 PARA ACOLLELOS EN CONDICIÓNS ÓPTIMAS PARA QUE POIDAN ATENDER AOS PACIENTES.

Moaña, 30 xaneiro 2018.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s