O concello de Sada apoia a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o 4 de febreiro en Compostela. O Alcalde e Sadamaioría confirman a súa participación, igual que as formacións do goberno, PSOE e BNG

Óscar Benito Portela, alcalde de Sada e líder de Sadamaioría, anima á participación na manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o domingo 4 de febreiro en Santiago de Compostela.

Sada.jpeg

Foto: Óscar Benito Portela Fernández no centro xunto a Luis García, da asociación de prevención de glaucoma, e Ramón Veras, portavoz de SOS Sanidade Pública A Coruña.

O alcalde garante a difusión da información no concello, nas parroquias e centros sociais así como na web e redes sociais.

O alcalde mostrouse preocupado pola situación da sanidade e a repercusión na saúde da cidadanía dos problemas de xestión e asistenciais do sergas. Lembrou que Sada é un concello pioneiro na realización de actividades saudables como por exemplo o programa Sadanda, o programa saudable para que a xente camiñe e retomen as relacións sociais, e esixe do Sergas unha maior dotación de recursos á sanidade así como un mellor funcionamento (listas de espera, urxencias, cobertura de ausencias en atención primaria).

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s