As concentracións comarcais do día 24 de SOS Sanidade Pública na prensa

NOTA SOS SANIDADE PÚBLICA CONCENTRACIÓNS DÍA 24 DE XANEIRO EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA E CONTRA A SÚA PRIVATIZACIÓN

Desde a Plataforma SOS consideramos un gran éxito as concentracións realizadas na maioria das áreas sanitarias de Galicia.
Ás grandes mobilizacións de rexeitamento ao desmantelamento dos hospitais comarcais de O Salnés, Monforte, A Mariña e O Barco, que pretende perpetrar a Xunta de Galicia coa contrarreforma da Lei Galega de Saúde, sumáronse a maioría das áreas sanitarias de toda Galicia, o que vén demostrar que esta estratexia de Feijoo non é só un problema local xa que afecta a toda a poboación galega.
Os resultados da política de desmantelamento, recortes e privatizacións sanitarias hanse evidenciado nos colapsos dos servizos de urxencias, as listas de espera que chegan xa á Atención Primaria.
Estas mobilizacións mostran o profundo descontento e malestar da poboación galega coa política sanitaria do PP e o éxito da alianza social e profesional que representa as Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública (SOS Sanidade Pública)
É necesario e xusto recoñecer a enorme xenerosidade de todas as organizacións que as integran (e outras institucións representativas da sociedade como Deputacións e Concellos) que por encima de lexítimas diferenzas, son capaces de unirse en defensa dun ben tan importante para a poboación como é a Sanidade Pública 
O próximo día 4 de febreiro ás 12 na Alameda de Santiago teremos oportunidade de apoiar novamente a noso sistema sanitario público e rexeitar a contrarreforma que pretende o PP de Núñez Feijoo.

A unidade fai a forza

Saúdos

Manuel Martin, Portavoz

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s