Concentración do día 24 na Coruña

Ramón Veras, portavoz de SOS Sanidade Pública A Coruña, agradece á xente valente que veu á concentración a pesar da chuvia intensa que caía neses momentos na cidade. Lembrou os contactos institucionais realizados a semana pasada na Alcaldía da Coruña, Concello de Oleiros, Deputación de A Coruña e agradeceu a presenza na concentración do Alcalde de A Coruña Xulio Ferreiro e do Alcalde de Oleiros Ángel Seoane. Anuncia contactos a próxima semana, cando menos, en Sada, Carballo, Cambre e Culleredo para preparar a próxima mobilización de SOS Sanidade Pública, a manifestación do 4 de febreiro en Santiago de Compostela, con saída ás 12 horas da Alameda.

18-01-24-ConcentracionSOSSanidade_ACorunha_0118-01-24-ConcentracionSOSSanidade_ACorunha_0418-01-24-ConcentracionSOSSanidade_ACorunha_02

Fixo unha introdución Ramón Veras:

Quero recordar que hoxe estanse facendo concentracións en todas as comarcas do paíse que o domingo 4 de febreiro haberá unha manifestación en Santiago de Compostela con saída ás 12 horas da Alameda.

Estabamos organizando estas mobilizacións antes de todos os problemas que apareceron en urxencias.

18-01-24-ConcentracionSOSSanidade_ACorunha_07O motivo é a política sanitaria do goberno que se confirma agora no proxecto de lei de modificación da lei galega de saúde.

SOS Sanidade Pública agradece a participación de todas as persoas que estamos aquí. Quen tivese que ir ao hospital estes días ou estivese un pouco atento ás novas dos medios de comunicación dase rapidamente conta de que hai un problema na sanidade.

Que estean as urxencias, tanto nos puntos de atención continuada como no hospital, abarrotadas de xente é un problema pero ademais é testemuña e un indicador do fracaso da política sanitaria do goberno,

unha política que debilita ao sistema e nos empobrece. Unha política que consiste en recortes, mala xestión, listas de espera e privatizacións.

Pareceunos adecuado que hoxe lese o manifesto María Seijo, presidenta da xunta de persoal da xerencia de A Coruña.

A xunta de persoal destaca estes días na loita pola defensa da sanidade pública, na defensa da dignidade dos pacientes e na defensa das condicións de traballo.

Ademais de estar día a día na dirección do sergas pedindo melloras ante o caos ao que chegou urxencias,

presentaron unha denuncia xudicial e, cando o sergas finalmente abríu unha nova sala de observación en urxencias, lamentablemente tiveron que presentar outra denuncia, esta vez ante inspección de traballo,

polas deficiencias estruturais que presentaba. E aí continúan na pelexa cotián.

Déixovos con María Seijo, en representación da xunta de persoal.

18-01-24-ConcentracionSOSSanidade_ACorunha_05María Seijo, presidenta da Xunta de Personal da EOXI de A Coruña:

Grazas, grazas polo recoñecemento do traballo que se está facendo desde todos os sindicatos no hospital pero, a verdade, non nos gusta ser protagonistas precisamente polas denuncias que un día si e outro tamén temos que facer pola situación na que se encontran os servizos sanitarios, e máis en concreto as propias urxencias de todos coñecidas.

Temos que ver a situación da sanidade pública actual, os problemas reiterativos das urxencias deste xaneiro como unha testemuña do fracaso da política sanitaria do goberno, como moi ben di SOS Sanidade Pública.

WhatsApp Image 2018-01-24 at 21.44.52Temos que velo como unha alerta que nos salta no móbil ou no corazón e sobre todo no cerebro dicíndonos que temos que facer algo, que temos que movernos. Dicíndonos que non podemos deixar que estas políticas sanitarias do goberno popular galego e do goberno central continúen a debilitar a sanidade pública.

O sistema sanitario público é patrimonio de todos, é o NOSO patrimonio, e na medida que o recortan, que perdemos recursos, que o xestionan mal e que o fan menos útil estamos perdendo o que é NOSO, o que é común, para todas as persoas por igual.

As liñas esenciais da política sanitaria do goberno son:

  1. redución de recursos públicos mediante recortes de persoal e de estrutura propia como as camas de hospital
  2. externalización, privatización, da maioría dos servizos non asistenciais
  3. concertación privada de gran parte da lista de espera
  4. precarización da atención primaria facéndoa dependente e subalterna da estrutura hospitalaria
  5. orientación do sistema sanitario á enfermidade e non á saúde, á promoción de saúde e prevención de enfermidade

Esta política é un fracaso para o sistema público, para a NOSA sanidade pública. Na medida que se empobrece o que é de todos e resulta menos útil tamén se defende menos. O crecemento da sanidade privada tanto na Coruña como no ámbito galego é outro indicador.

O motivo fundamental polo que SOS Sanidade Pública organizou estas mobilizacións WhatsApp Image 2018-01-24 at 21.52.31é o proxeco de lei de cambio da lei galega de saúde, un proxecto de lei que consolida a política sanitaria do fracaso:

  • porque elimina áreas sanitarias centralizando os recursos nas capitais de provincia e reducindo os servizos nos hospitais comarcais, no medio rural.
  • porque reduce a participación social na sanidade xa que os consellos de saúde perden a capacidade de evaluar a xestión e os obxectivos sanitarios, limitándose a tarefas de información e asesoramento.
  • porque consolida a tutela da investigación galega por parte da industria farmacéutica.
  • porque facilita a penetración das empresas privadas na formación dos profesionais sanitarios.
  • e porque consolida a estrutura de xestión das EOXI que orientan o sistema cara o hospital e debilitan a atención primaria.

18-01-24-ConcentracionSOSSanidade_ACorunha_06

A privatización de recursos e do coñecemento que está a facer o goberno galego é un expolio do común, do que é de todos.

Non se trata só de privatizar os servizos non asistenciais (como pode ser mantemento ou subministro do material sanitario e non sanitario, por exemplo), ou de mandar a lista de espera aos hospitais privados senón de ir creando liñas de negocio dentro da sanidade pública para as empresas privadas.

As novas formas de privatización que está usando o goberno son:

  • a fórmula de compra innovadora mediante a cal o sergas financia investigacións a empresas privadas e estas quedan coas patentes se son útiles.
  • ou a fórmula de diálogo competitivo para a adquisición de tecnoloxía e a empresa adxudicataria decide que se compra e onde se coloca
  • o control da industria farmacéutica da investigación
  • a introdución da empresa privada na xestión e financiamento da formación dos médicos e o resto de profesionais da sanidade
  • e a que virá é o decreto de tempos máximos de espera segundo o cal o goberno garante uns tempos máximos de espera sempre que o paciente acepte ser operado en calquera centro galego privado ou público.

Son formas máis sibilinas pero reais de facer negocio coa NOSA sanidade.

Quero darvos eu tamén as grazas por participar hoxe nesta concentración e animarvos a vir á manifestación que convoca SOS Sanidade Pública en Santiago de Compostela o 4 de febreiro.

Porque a sanidade pública é patrimonio de todas as persoas por igual

Porque temos que defender o que noso

Para defender a NOSA sanidade pública

Vémonos o 4 de febreiro en Santiago de Compostela

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s