SOS Sanidade Pública convoca mobilizacións o 24 de xaneiro e o 4 de febreiro

PARA DEFENDER A ‘NOSA’ SANIDADE PÚBLICA

Ver o vídeo en youtube: VÍDEO DA ROLDA DE PRENSA

IMG-20180116-WA0003

Rolda de prensa de SOS Sanidade Pública presentando as mobilizacións na sanidade.

O 24 de xaneiro concentración en todas as comarcas

O 4 de febrero manifestación en Santiago de Compostela con saída ás 12:00 horas da Alameda

O motivo: PARA DEFENDER A NOSA SANIDADE PÚBLICA. O adxectivo NOSA é importante, todos temos que ser conscientes do que é NOSO e que as políticas do goberno galego, cos recortes, privatizacións e mala xestión, están debilitando, empobrecendo e facéndonos perder parte deste patrimonio esencial para a vida como é a NOSA SANIDADE PÚBLICA.

Facemos un chamamento á cidadanía a que se mova e participe tanto o día 24 na súa comarca como o día 4 de febreiro en Compostela na defensa desta riqueza común que é a sanidade pública.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s