O malo non son as gripes. É a política sanitaria do goberno galego

 

Artigo publicado hoxe 14 de xaneiro na Opinión de A Coruña, por Regina Basadre e José Luis Muñoz, médicos do centro de saúde do Ventorrillo.

Ver ligazón: Artigo publicado na Opinión de A Coruña o 14 de xaneiro

O MALO NON SON AS GRIPES

Abandono da Atención Primaria e colapso de Urxencias

 

Os médicos/as e enfermeiros/as dos Centros de Saúde temos encomendado, entre outras, ser a primeira porta na atención ao paciente, así como a atención continuada á enfermidade.

Sen embargo, a falta de recursos humanos sistemática e “programada”, concretamente, a non sustitución dos profesionais por permisos ou baixas de enfermidade, incluso de mais de 2 meses, fai imposible ambas as duas cousas en períodos vacacionais da plantilla, situación que nos últimos anos vimos denunciando públicamente, alomenos desde o 2014.

O resultado desta situación faise sentir nas personas enfermas como relataremos mais adiante, nos profesionais en aumento “burn-out” (sindrome do Traballador Consumido), e no sistema sanitario, nunha disfunción estructural e unha perda de calidade na atención á saúde.

A propia Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia califica a actual epidemia de gripe como de intensidade media, e con tendencia estable, o que quere decir que nada diferente ou non esperable, respecto aos anos pasados nas mesmas datas.

 

Esta falta de persoal en Atención Primaria que alcanza ao 30 – 40% da plantilla en moitas semanas, fai que os pacientes se encontren con lista de espera para o seu médico de cabeceira até de 7 días , sin que nadie explique que, no tempo que o seu médico non traballa, non hai nadie que o cubra en mais do 60% do tempo. O outro 35% restante é cuberto polos compañeiros que queden, sobrecargados xa coas suas propias axendas. E, cando alguien que sinte que non pode esperar unha semana por non ter cita, acude por urxencias, as veces á porta do Hospital para ser atendido, prodúcese unha sobrecarga alí, que dificulta a óptima atención dos doentes graves ou subsidiarios de ingreso hospitalario.

O malo non son as gripes.

 

E desde o punto de vista do médico, a sobrecarga diaria, de tantos días en torno a 40 pacientes, a veces 50 , sométenos a situaciós difíciles de transmitir pero que necesariamente a ciudadanía debe ter noticia. No medio das consultas de gripe, aparecen enfermos novos, de outro médico, con situaciós complexas, e a veces perigosas, debido únicamente a esa falta de continuidade na atención a que me refería ao principio. Un proceso diagnóstico de cáncer non pode ir de consulta en consulta, con profesionais saturados; a familia dun enfermo encamado, axitado , que non responde adecuadamente as medidas terapeúticas, sólo pode ter unha cita cada 5 días con un profesional diferente cada día; un enfermo maior, dado de alta en novembro, con un cambio de tratamento cardiolóxico que non foi capaz de interpretar, e por tanto de seguir, aparece descompensado esta semana: o seu médico de cabeceira leva mais de 2 meses ausente.

E a nosa propia consulta, onde aparecen salpicados, a diario, enfermos psiquiátricos, urxencias verdadeiras de todo tipo que temos que discernir e manexar nunha situación de sobrecarga laboral que aumenta o risco de erros e mala praxis.

O malo non son as gripes.

 

Regina Basadre Orozco

José Luis Muñoz Novoa

Médicos do Centro de Saúde do Ventorrillo (A Coruña)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s