Feijoo tivo que recoñecer a mala xestión do seu goberno. A solución non son parches senón cambiar a política sanitaria

Feijóo, ayer, durante su comparecencia tras el Consello de la Xunta.Ante as declaracións de Núñez Feijoo de que para acabar cos colapsos dos servizos de urxencias hai que aumentar as camas das habitacións dos hospitais (a costa do confort dos pacientes) desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar que:

1.- Reiteramos a nosa denuncia de que o colapso do sistema sanitario público galego é a consecuencia directa da redución de camas e persoal e do abandono da Atención Primaria. A política de recorte e desmantelamento da sanidade pública esta dirixida a potenciar aos grupos hospitalarios privados internacionais que están realizando grandes investimentos na sanidade da nosa Comunidade Autónoma.

2.- A solución dos colapsos sanitarios non pasa por acenar pacientes nas habitacións en lugar de nos corredores,  Parece que se pretende volver ás antigas salas dos hospitais provinciais con múltiples camas atendidas por persoal relixioso, que moita xente maior aínda recorda. Esta decisión non afectará ao noso máximo mandatario que, como outros moitos dirixentes populares, utiliza a sanidade privada para a atención persoal e dos seus familiares.

3.- Ademais de una ocorrencia inxusta, estas declaracións poñen en evidencia a súa radical ignorancia dos problemas sanitarios: unha cama hospitalaria non é un moble a improvisar senón un conxunto de recursos profesionais (persoal medico, de enfermeira e auxiliar) e de aparellos tecnolóxicos que garanten a atención dos pacientes hospitalizados. Sen contar os riscos epidemiolóxicos derivados do amoreamento de pacientes con infeccións respiratorias.

4.- A solución do colapso da sanidade pública pasa por recuperar os recursos recortados, unha planificación dos mesmos en función das necesidades de saúde da poboación, a potenciación da Atención Primaria e a dimisión dos responsables do caos, por ocorrencias como esta e pola súa incapacidade manifesta para xestionar a sanidade galega pública como o Conselleiro de Sanidade e o propio Presidente da Xunta.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
12/01/2018

2 opiniones sobre “Feijoo tivo que recoñecer a mala xestión do seu goberno. A solución non son parches senón cambiar a política sanitaria

  1. A irresponsabilidade do antigo director do INSALUD e de CORREOS, é evidente. O que plantexa o pp é o desmantelamento do Sistema Sanitario Público Galego e entregarllo @s amiguetes da privada. Non o permitamos e o 04/02/2018 acudamos a manifestación en Compostela, na Alameda as 12h. Dirémoslle alto e forte que queremos unha Sanidade Pública, Universal, Gratuita e de Calidade.

    Gústame

  2. Gran manifestación en Compostela!!! Non debemos permitir que esta xente siga estragando todo . A privada que seña privada!!!! , que non viva da pública, que a pública vive sen a privada, que é quen a exprime e tenta acabar con ela

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s