18 de xaneiro: Mesa redonda da actualidade sanitaria. Sindicatos e Xerente do Sergas no Colexio Médico en Santiago

foto debate colexio médico partidos_20171129_191107

Foto do debate anterior organizado por SOS Compostela cos grupos parlamentarios e o xerente do sergas

Cartaz informativo da próxima mesa redonda:

MESA REDONDA NO COLEXIO MÉDICO DE SANTIAGO: “A SANIDADE PÚBLICA EN PERIGO?”. MÉRCORES, 18 DE XANEIRO DO 2018, AS 17 H. C@S 3 RESPONSABLES SINDICAIS DE SANIDADE DE GALICIA E O XERENTE DO SERGAS.

Antes de nada quería agradecer @s responsables SINDICAIS de sanidade de Galicia, así como o xerente do SERGAS, a súa presenza na Mesa Redonda, para falar de algo de incuestionable importancia, a nosa saúde. É certo, como pensamos moitos, que a Sanidade Pública está en perigo?

Comenzaremos presentando, por orden alfabético dos SINDICATOS, @s responsables de Sanidade de CCOO: Ángel Cameselle, CIG: M.ª Xosé Abuín, e de UXT, Javier Martinez. Tamén o Sr. Antonio Fernández Campa, Xerente do SERGAS.

Eu, Xosé Dios, moderarei o debate, en calidade de voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela. Esta mesa redonda, queremos que sexa dinámica, amena e sobre todo didáctica. Eu irei facendo unha serie de preguntas e @s responsables de sanidade de cada sindicato, irán contestando o que consideren. Solicitamos que as respostas sexan breves e concisas, e tamén entendibles, pois os temas, tamén o serán. As intervencións que fagan en cada tema, que non pasen de 3 minutos e por suposto, poderán interpelarse, sempre falando de un/ha en un/ha e non solapando as intervencións, pois sería un lío. Comenzaremos por orden alfabético as intervencións para a primeira pregunta, e logo comenzará o seguinte sindicato, ca seguinte pregunta, logo o seguinte, etc. O responsable da Consellaría pechará cada turno, que podrá ter resposta. Podrá intervir o público, previa petición de palabra o moderador.

Comenzaremos por CCOO, logo CIG e logo UXT. Terminará cada intervención o Sr. Fernández Campa, xerente do SERGAS.

Pediremos unha primeira intervención, para iniciar o debate, breve, sobre qué opina cada sindicato e o Sergas sobre as condicións laborais d@s traballadores do SERGAS. Terminaremos, según como esté o orde de intervención nese momento, tamén cunhas breves conclusións de cada sindicato e un comentario final do Xerente do SERGAS.

Temos 2 horas. Solicitamos concreción e pensar no ben máis preciado que temos, que é a saúde.

O debate será grabado íntegramente.

1. Que opina cada sindicato e o Sergas sobre as condicións laborais d@s traballadores do SERGAS .

2. Porqué creen que o PP quere cambiar a Lei Galega de Saúde e facelo sin o consenso cas outras organizacións políticas, sociais e sindicais.

3. Carreira Profesional.

4. Por qué non se sustitúe os profesionais sanitarios e non sanitarios.

5. Qué opinan da desaparición da AP no proxecto de modificación la Lei Galega de Saúde.

6. Listas de agarda.

7. Laboralización do persoal. Sistemas de contratación. Privatización.

Si considerades algún tema a maiores, de interese, por favor decídemo.

Finalizaremos con 2 minutos de tempo cada un/ha para concluir o debate.

Moitas grazas a tod@s e esperemos que ca Mesa Redonda, quen saia gañando sexa a Sanidade Pública Galega.

Un saúdo.

Compostela, 18 de xaneiro do 2018.

Asdo. Xosé M.ª Dios Diz, voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s