Remata o ano con colapso das urxencias nos hospitais, máis unha vez

urxencias hospital

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) quere denunciar á opinión pública, os colapsos que se están producindo nos servizos de urxencias (especificamente no CHUS de Compostela) e na atención nos Centros de Saúde.

urxencias hospital 2

Antes do verán, membros da AGDSP reuníronse co Director Xeral de Sanidade, nunha ocasión, e ca Xerente da Área Sanitaria de Santiago, noutra. Avisábamos, xa entón, do que sucedería, tanto en verán co peche de camas e servizos, como cando chegara a epidemia da gripe.

A pesar dos recortes o SERGAS nin tan sequera adopta as medidas oportunas para facer fronte á situacións que se repiten cada ano e que xeran problemas a pacientes e familias:

·       Por que no Sistema Sanitario Galego, non se ten unha previsión tanto de aumentar camas, servizos como de ter o persoal suficiente para facer fronte a algo que sabemos vai ocorrer?

·       Por que temos que sufrir os doentes a falta de previsión dunha administración que sabendo que isto ocorre tódolos anos…….non fai nada, e o fía todo a responsabilidade dos profesionais?

·       Por qué non se substitúe os profesionais, tanto nos hospitais como nos centros de saúde?

Se as xerencias, saben con meses de antelación, que traballadores van a estar nun momento determinado,  por qué non se poñen os medios para buscar, dende xa, os substitutos?

Nos hospitais colapsos…… e nos Centros de Saúde, estes días estase solicitando por parte dos veciños de Touro, O Pino, Arzúa, Melide e Outes… que se substitúa os pediatras que non están. Resposta da xerencia: se fai falta aumentar camas, servizos ou profesionais farase (a toro pasado). A realidade é teimuda e vemos que non é así.

O Presidente da Xunta dixo onte que os casos son puntuais …. pero non son casos puntuais, senón persoas enfermas que sofren as consecuencias, unha vez máis, da falta de compromiso desta xunta co Sistema Sanitario Público Galego.

 Dende a AGDSP exiximos a administración que inverta na Sanidade Pública Galega, poñendo os medios necesarios para defender o ben máis preciado que temos que é a SAÚDE.

 31 de decembro do 2017

Imágenes integradas 1

 

Unha opinión sobre “Remata o ano con colapso das urxencias nos hospitais, máis unha vez

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s